Saúdo do alcalde

Saúdo do alcalde

Desexo da-la miña máis cordial benvida a todo-los visitantes desta páxina web, coa que se pretende establecer unha comunicación máis directa e estreita cos veciños do Municipio, emigrantes, e todas aquelas persoas que queiran visitarnos, favorecendo este feito as posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías.


A idea da páxina web xorde coa intención de dar a coñecer o noso municipio e os pobos dos que este se compón; os seus recursos e potencialidades a un maior número de persoas. A través deste medio cada vez máis utilizado e xeralizado, dase a posibilidade a un maior número de persoas, de gozar do encanto desta terra e ser un *reclamo para visita-lo noso municipio.


Quero darlles as grazas de antemán pola visita virtual ó noso municipio e animarlles a vir e descubrir de modo máis palpable, a tranquilidade dos seus pobos, a beleza da súa paisaxe, o seu patrimonio histórico-artístico e a calidez e acollida das súas xentes.


Espero e desexo que a páxina que elaboramos con tanta ilusión sexa do seu agrado e agradecemos cantas suxestións, queixas ou opinións quéirannos deixar na nosa caixa de correos como un xeito de participar e colaborar para unha mellor xestión e funcionamento do noso concello que repercuta en beneficio de todos.


Reciban un cordial saúdo.


D. Manuel Corzo Macías
Alcalde O Bolo

Escudo O Bolo