Situación
O municipio do Bolo forma parte da Comarca de Valedoras e atópase situado ó suroeste da devandita comarca.
Limita:
Ó N. cos municipios de Petín e Larouco
Ó S. co municipio de Viana doBolo
Ó E. co municipio da Veiga
Ó Ou: co municipio de Manzaneda
Está adscrito ó partido xudicial de Trives e eclesiásticamente pertence á diocese de Astorga.
Comprende unha superficie aproximada de 91,17 Km., e unha poboación distribuída en pobos de tamaño variable entre os que destaca a capital municipal O Bolo centro básico de servizos. Así este municipio distribúese en dezaoito parroquias ou vinte e oito pobos: O Bolo, Buxán, Tuxe, Cambela, Valdanta, Celavente; Chandoiro, Chaodocastro, As Ermitas, Fornelos, Lentellais, Paradela, San Martiño, Santa Cruz, O Seixo, Teixido, Vilaseco, Xava, Chaodasnonas, Celeirós, O Vao, san Pedro, Outardepregos, Aceveda, Barxa, Valbuxán, Xorxais e A Rigueira.
O seu relevo é na súa mayor parte, montañoso e accidentado, destaca unha depresión e unha unidade de máis altura no lado oeste, Situado este municipio entre a vertente oriental do río Bibei e a conca do río Xares, na denominada Depresión do Bolo, que separa o macizo de Manzaneda das Serras de Trevinca e Segundeira, alcanzando ao norte elevacións superiores aos 1200m na Fraga de Ramalla.
A súa rede hidrográfica articúlana os mencionados río Bibei, o cal serve de límite entre os municipio do Bolo E Manzaneda, que aproveitou este río para a construción do encoro do Vao, situado en Viana do Bolo; devandito río non recibe ningún caudal importante ata o termo de Chandoiro, onde acolle as augas do río Xares.
Pola súa banda o río Xares dá lugar á construción dos encoros de Prada e Santa Eulalia; este último entre o límite de la Vega e O Bolo.
En canto á economía no municipio do Bolo, sobresaen as actividades agropecuarias tradicionais asociadas á agricultura e a gandería. Trátase de cultivos minifundistas, que ó irse abandoando progresivamente a agricultura de subsistencia increméntase a dedicación á gandería de orientación cárnica; sobresaíndo o gando bovino, caprino e vacún. Esta é a razón principal de que prados e pastos ocupen a maior parte da superficie agraria útil.
Hai que destacar o sector vitícola pertencente á DO Valedoras; e pola abundancia do castiñeiro neste municipio, a castaña é un producto moi apreciado e é vendida para a súa comercialización.
En segundo lugar o sector terciario é o máis importante; a pesar de que tanto as actividades comerciais como de servizos públicos están escasamente desenroladas pola dependencia e proximidade de núcleos de poboación tales como A Rúa, O Barco de Valedoras, Viana do Bolo e Trives.
O seu principal eixo viario é a estrada comarcal C-533 A Gudiña-Petín, onde un lado enlaza coa A-52 e por outro coa N-120.