Festas patronais
Semana Santa no santuario de As Ermitas: celebración cargada de actos e oficios relixiosos os que acuden cada ano multitude de visitantes.

Viernes Santo: pola mañá levase a cabo o Vía Crucis ou Calvario, saindo dende o atrio do santuario as catro primeiras estacions e o resto distribuense o longo do chamado “camiño do deserto” e culminando no llano da resurrección; nesta ascensión, os cofrades portan diversos pasos procesionais (cruz que portan entre dous ou tres cofrades, Jesús Nazareno, San Juan, La Virgen Dolorosa, La Verónica…). Con él, rememoranse os pasos dados por Cristo na Vía Dolorosa e que son motivo de oración e meditación para os fieles. Pola tarde é de destacar o Sermón das Sete Palabras e o Desenclavo do Cristo e a procesión do mesmo. Domingo de Resurrección: ten lugar a procesión do encontro entre a Virxen e o resucitado.

Corpus Christi: no pobo de Santa Cruz, celebrase o Corpus Christi elaborando vistosas alfombras florais o longo do pobo.

Festa de San Xoán: celebrada en Celavente. Como e habitual en outros moitos lugares, Celavente celebra a noite máxica coa tradicional fogata. O fogo purificador enche de simbolismo a noite mas breve do ano. A Asunción: celebrada no O Bolo (15 de agosto). San Roque: patrón dos enfermos de peste. Celebrada no Bolo e As Ermitas (16 de agosto). Festa en honor da Virxen de Os Navallos (Celavente) e a Virxen de As Ermitas (8 de septiembre), con anterioridade ten lugar unha novena. O Rosario no santuario de as Ermitas: a celebración ten lugar o primeiro domingo de outubro e o segundo domingo de octubre é a Octava do Rosario. Esta mesma festividade celebrase no pobo de A Aceveda, organizándose todolos anos unha comida campestre.
A Festa gastronómica da Semana Santa que se celebra no núcleo de O Bolo cada Sábado Santo - A Festa da Vitela.

A Ruta dos Fornos celebrada no pobo de Celavente a finais de Abril (Último sábado)
