Castelo de O Bolo
Situado no pobo do Bolo, é un dos monumentos máis emblemáticos e importantes da zona. A súa primeira construción data do século XII (D Urraca) ou século XIII (D Sancha). Con posterioridade o castelo pertenceu ós Condes de Lemos. Con motivo da revoltas Irmandiñas, o castelo sofre importantes danos e é reconstruído a finais do século XVI baixo patrocinio do conde de Benavente D. Juan de Pimentel. A finais do século XVI a vila de O Bolo pasa de ser de señorío a ser de realengo (pasando a depender directamente da corona). O castelo chega ata os nosos días logo dunha historia de épocas de destrucción, de abandono (usándose o castelo como canteira, escola de primaria, cárcere ou campo de festas.
No 1999 comeza a súa rehabilitación concluíndose as obras no ano 2001. O museo do castelo de O Bolo está aberto ó publico, é de carácter interactivo e permite achegarnos de xeito ameno e entretido á fascinante historia dunha fortaleza do sigo XV. Este centro de interpretación revela a evolución do castelo dende as súas orixes ata a actualidade. Para iso a exposición conta cunha recreación de distintos ambientes de época, reprodución de obxectos, paneis, textos e ilustracións que se poden tocar e usar de maneira que o visitante poida sentirse actor da historia. Grazas á súa rehabilitación é posible acceder á súa terraza ou poder visualizar a vista que ofrece a torre que conta con vinte metros de altura aproximadamente.
Este museo como centro de interpretación consta de dous espazos: a propia torre da homenaxe e un edificio anexo construído posteriormente (século XVI) e que está endosado á torre.
Do castelo aparte da súa torre da homenaxe, quedáronnos restos da muralla tanto a exterior como a interior con bastións ou baluartes semicirculares nos muros e circulares nas esquinas, o patio de armas e o aljibe.